PP e PSOE de Vilalba estudan a rebaixa do 50% da plusvalía

TerraChaXa
O Partido Popular de Vilalba levou ao pleno unha serie de propostas e preguntas ademais do tema de Madrugadores.
8 Out 2019

O Partido Popular de Vilalba levou ao pleno unha serie de propostas e preguntas ademais do tema de Madrugadores.

Unha das mocións presentadas apostaba pola creación dun servizo de fisioterapia a domicilio dentro do programa de atención global á dependencia no Concello de Vilalba, un servizo que se dote con orzamento específico e persoal na procura da súa permanencia. A proposta foi rexeitada polos socialistas “porque non hai cartos”. Segundo asegura Baamonde “actualmente o PSOE destina tres millóns de euros a servizos sociais e ben podía reservar uns 40.000 para este servizo”. Alegou tamén que si non se levan servizos ao rural “este morrerá”.

Outra das mocións que o PP levará esta tarde é a revisión por parte do Concello do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Os populares solicitarán que a carga tributaria que recae sobre o cidadán se reduza polo menos un 50% en relación á situación actual, ou mesmo a súa supresión.

A moción foi retirada xa que o equipo de Goberno cre necesario facer antes un estudo de viabilidade polo que chegaron ao acordo de comezar co estudo antes de tomar unha decisión. “Era unha proposta que levábamos no programa electoral.

A petición de reprobación do concelleiro de Espazos Cidadán, Relacións coa Veciñanza e Servizos, Rodrigo Pavón, pola súa decisión de pechar “inxustificadamente” o parque acuático de Madalena este verán non chegou a bo término, pero os populares volveron lembrar “o terrible prexuízo que supuxo para a vila o peche deste espazo sen ter causas suficientes”. Así mesmo, lembrou que o Goberno socialista ten que posicionarse definitivamente sobre si vai manter o parte ou construír unha piscina.

No apartado de preguntas, tamén se interesaron polo SAF, concretamente por si existe algunha reclamación presentada polas traballadoras do servizo ou organizacións sindicais ao respecto da modificacion ou apliación dos prezos do convenio. Así mesmo preguntarán polas previsións do equipo de Goberno unha vez remate a concesión actual do servizo.

Agustín Baamonde queixouse da falta de definición do novo Goberno local sobre a construción dun centro de día e dunha nova depuradora. “Agora parece que os temas que eles consideraban tan urxentes, non o son tanto unha vez que están no goberno”. subliñou.

Sobre o tema de Madrugadores, o Partido Popular, que lidera o ex alcalde Agustín Baamonde, asegurou que non se opuxeron a esta medida porque “somos concientes da premura do asunto, pero a opción escollida non é de todo legal polo que esperamos a ver que decisión toma o concello de cara aos próximos anos”. O popular subliñou que “no fondo se segue a pagar un transporte público para un servizo privado e eso non é de todo legal, si o sería si este transporte fora para todos os pequenos igual.

 

0.10030913352966