Premio para o mellor cartel da comarca no Día Mundial sen Tabaco

TerraChaXa | LugoXa
Celebrouse o Día Mundial sen Tabaco e aproveitouse a ocasión para dar a coñecer os premios ao concurso de debuxos polo día Mundial Sen Tabaco
dia mundial sen tabaco cartel portada
2 Xuño 2022

O 31 de maio 2022 celebrouse o Día Mundial sen Tabaco e aproveitouse a ocasións para dar a coñecer os premios ao concurso de debuxos polo día Mundial Sen Tabaco dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos dos doncellos da agrupación organizado polo servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

O premio ao mellor cartel, foi para Silvia Méndez Broz, de 6º de Primaria do Ceip Veleiro do Campo de Castro Ribeiras de Lea, Concello de Castro de Rei, que xa recibiu o seu agasallo.

O debuxo empregouse para realizar o cartel de sensibilización polo Día Mundial sen Tabaco 2022.

0.18038511276245