Premio para os alumnos do Lois Peña Novo

TerraChaXa
O CIFP Politécnico de Lugo acolleu a clausura do concurso Lanzadeiras da provincia de Lugo, enmarcado dentro do proxecto Eduemprende promovido pola Consellería de Educación e a fundación Alcoa co obxectivo de promover o emprendemento dentro do alumnado.
IMG 20190618 WA0030 (1)
21 Xuño 2019

O CIFP Politécnico de Lugo acolleu a clausura do concurso Lanzadeiras da provincia de Lugo, enmarcado dentro do proxecto Eduemprende promovido pola Consellería de Educación e a fundación Alcoa co obxectivo de promover o emprendemento dentro do alumnado.

O IES Lois Peña Novo presentou nesta edición 4 proxectos dun total de 23, sendo o centro da provincia con maior participación.

O proxecto galardoado Rede Activa Vilalba é unha miniempresa creada polo alumnado do 1º curso do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. O obxectivo da empresa é a organización de actividades que promoven a inclusión de persoas con diversidade funcional. O proxecto piloto contou co Centro Ocupacional de Vilalba como principal cliente.

Ao longo do curso, despois dunha avaliación inicial para coñecer necesidades e intereses, desenvolvéronse actividades moi diversas: desde a visita ao mercado con acompañamento na compra, ata a celebración do Entroido, visionado de películas e, finalmente,  compartiron varios tramos do Camiño de Santiago.

Unha característica do desenvolvemento do proxecto foi a implicación dos clientes, neste caso o centro ocupacional, en todas as fases do mesmo, non só participando nas actividades senón  tamén no deseño das mesmas. Con todo isto, conseguiuse unha normalización e inclusión deste colectivo dentro da propia comunidade.

Independentemente do premio acadado (2.048 euros), o maior éxito foi a satisfacción manifestada tanto polo alumnado coma polos usuarios e persoal do centro ocupacional que agardan dar continuidade ao proxecto no vindeiro curso.

Este premio consolida a participación do IES Lois Peña Novo no programa Lanzadeiras posto que hai dous anos acadou o terceiro premio e  o ano pasado o segundo.

0.17744898796082