Premios a gardas mariñáns e día de festa para a Garda Civil tamén na Mariña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Oct 2019

A Garda Civil festexou en Burela e en Cervo, entre outros lugares da provincia, o día do Pilar, data na que se celebra á patroa do corpo. Os actos foron presididos polo xefe da compañía da Garda Civil de Burela, capitán Carlos Fernández Ginzo, e contaron coa presenza dos alcaldes burelés, Alfredo Llano, e cervense, Alfonso Villares, así como do tenente de alcalde burelés Ramiro Fernández. Tamén se festexou a efeméride por exemplo en Xove.

A institución celebra o seu 175 aniversario e son poucas as entidades que chegan tan lonxe hoxendía. Os responsables aseguran que a provincia é segura e tranquila, aínda que recoñecen que sempre hai retos e que facían falla máis recursos. A Garda Civil logrou entre xaneiro e agosto reducir nun 34,29 por cento os roubos con forza en vivendas e nun 47,83 por cento os roubos con violencia e intimidación. E só son algunhas das cifras.

Respecto dos premios concedidos, dous recaeron na Mariña, un no garda Germán Ángel Vale, que obtivo a Cruz de Ouro da Constancia ao Servizo e outra Cruz do Mérito da Garda Civil fóille concedida a David Rey, cabo de Barreiros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18530797958374