Premios de poesía e tarxetas na Pastoriza
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza fixo entrega dos seus premios do concurso de poesía e tarxetas de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal.
9 Mar 2018
O Concello da Pastoriza fixo entrega dos seus premios do concurso de poesía e tarxetas de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal. En tarxetas na categoría A (ata 8 anos), resultou gañador David Poupariña, seguido de Noa Gómez e Alma Nieto. Na categoría B (9-11 anos) gañou Alexia Quintás, seguida de Uxía Lurigados e Lorena Iglesia con accésits para Alba Díaz e Andrea Rodríguez. Na categoría C (12-16 anos), os premios foron para Brais Fraga, David Luaces e María Ángeles Corredoira.
En poesía gañaron Uxía Lurigados, Lorena Iglesia e Uxía Iglesia con accesit para Cristina Rivas na categoría B. Na C, os premios foron para María Ángeles Corredoira e Nicolás Fernández.