Arrinca unha nova edición do festival 27373 de Begonte

TerraChaXa
O Club Fluvial de  Begonte acollerá o 11 de agosto unha nova edición do Festival 27373, que xa ten preparada a súa programación, a sétima que se celebra neste concello chairego.
festival_portada
10 Aug 2018

O Club Fluvial de  Begonte acollerá o 11 de agosto unha nova edición do Festival 27373, que xa ten preparada a súa programación, a sétima que se celebra neste concello chairego.

A partires das 12:00 comezarán coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra. Despois a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Río Miño. Ademais presentarase a cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo, laranxa e coriandro, elaborada por membros da asociación en colaboración con Alberto Curiel nas instalacións de cervexas Aloumiña.

Xa pola comezará o VII Aberto de Billarda e tamén, a partir das cinco a Asociación Colorín Colorado de Vilalba terá dúas actividades dirixidas ao público máis pequeno, un obradoiro de xogos populares y un obradoiro de arxila. 

Ás 19.30 horas arrincará o apartado musical do festival, que este ano estará a cargo de Migallas, Os Carecos, Cuarta Xusta e Berta Franklin.

Como en anos anteriores, haberá zona de acampada con entrada gratuíta.

festival27373

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18852281570435