Preparado o mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
Preparado o mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes de Viveiro. O mercado ubícase no Salón Multiusos da Casa do Concello
17 Dec 2020

O Concello de Viveiro informa da apertura do mercado de Nadal “A Trastenda de Nicomedes” este sábado 19 de decembro ás 11:00. O mercado ubícase no Salón Multiusos da Casa do Concello e está organizado pola Asociación Proa, en colaboración co Concello de Viveiro.

Na presente edición participan neste mercado un total de once artesáns, dos que seis proceden de Viveiro. Ademais, dous artesáns son da Mariña, mentres que os tres restantes son da Coruña, de Pontevedra e de Valencia.

Os artesáns participantes traballan distintas disciplinas. Os integrantes desta edición son: Imavi, Santana Bags, Augas Santas, P.dimé, Señora María, Natalia Patch, Las Flores de Greta, David Catá, Bilbiricoca, Esquina Atlántica e Feitizo.

A Trastenda de Nicomedes estará aberta ata o próximo 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Os días 24 e 31 de decembro, pechará as 20:30 horas e o 25 de decembro e 1 de xaneiro terá un horario especial, de 18:00 a 21:00 horas.

En consonancia co contexto sanitario actual, o Concello de Viveiro estableceu no mercado as medidas de seguridade pertinentes. Entre os protocolos habituais, como o uso de máscara, a distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico; no mercado estableceuse un circuito circular dentro da propia sala para marcar un sentido único da visita.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17508387565613