Presentación da obra 'A vinganza das raíces cadradas'
A biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes acolle este venres, 23 de decembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro A vinganza das raíces cadradas, de Charo Cuba Penabad.
Debut literario da pontesa Charo Cuba Penabad, que se achegou ás letras de adulta e da man da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco cuns talleres de escritura impartidos por Eduardo Estévez.
Este traballo, publicado por Medulia Editorial, é unha recompilación de relatos que a autora foi elaborando ao longo deses talleres, e que tiñan a mesma temática como nexo de unión: a emigración.
O libro divídese en 16 relatos que narran historias de ficción mesturadas con experiencias reais, nelas amosa diferentes realidades de persoas que tiveron que percorrer o mundo en busca dun lugar máis amable onde vivir. Algo que a propia Charo viviu en primeira persoa.