Presentación do libro de Antía Yáñez na casa museo de Manuel María
TerraChaXa | LugoXa
Hoxe, sábado, ás 18 horas, a casa-museo Manuel María acolle un encontro coa escritora burelá Antía Yáñez ao redor do seu libro Be Water.
19 Dec 2020
Hoxe, sábado, ás 18 horas, a casa-museo Manuel María acolle un encontro coa escritora burelá Antía Yáñez ao redor do seu libro Be Water. Con esta actividade, dirixida para público xuvenil, a Casa-Museo finaliza as súas actividades para este 2020.
Tamén esta fin de semana será a última de 2020 en que se poida visitar a Casa-Museo Manuel María, en horario, o sábado, de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 e, o domingo, de 11 a 14. A Casa-Museo retomará a súa actividade o 9 de xaneiro do próximo ano.