Presentación no Pazo de Torvar do novo libro de Vázquez Peinó

TerraChaXa | AMariñaXa
6 Xan 2021

O vindeiro venres, día 8 de xaneiro, ás 20,00 horas, a sala de conferencias do Pazo de Tovar, na parroquia de San Tomé de Lourenzá, acollerá a presentación da novela A Solo no le gustaba su nombre, de Pepe Vázquez Peinó.

Na presentación, o autor estará acompañado polo escritor Bernardo Penabade e pola cantante Aida Río.

Debido aos límites de aforo, pode reservarse praza chamando ou mandando unha mensaxe ao 619 389 997. 

 

0.0992431640625