Presentacións literarias este venres en Vilalba e As Pontes

TerraChaXa
Na vila coruñesa, Zaida Picos falará da súa novela '¿Cómo hacer de tu vida un desastre?' e Cova PL fará o mesmo sobre 'Amar e destruír' en Vilalba
preentacion-libros-as-pontes-e-vilalba
13 Dec 2024

Hoxe venres, os amantes da literatura teñen unha dobre oportunidade para gozar de presentacións de libros en Vilalba e As Pontes.

Na vila coruñesa, a Biblioteca Municipal acollerá, ás 20:00 horas, a presentación da novela ¿Cómo hacer de tu vida un desastre? de Zaida Picos. Esta obra romántica conta a historia de Xana, unha muller que, tras unha relación tóxica, decide cambiar completamente de vida e marchar a Italia. Entre encontros inesperados e decisións difíciles, a novela reflexiona sobre como o pasado e as decisións que tomamos poden transformar a nosa vida.

Ao mesmo tempo, en Vilalba, a Casa da Cultura será o escenario da presentación de Amar y destruir de Cova PL, unha escritora adoptiva da vila. A novela explora temas como o amor, a destrución e o rock dos anos 80. A autora falará sobre o contido do libro e a inspiración que se esconde detrás desta historia apaixonante.

Dúas citas imprescindibles para os que buscan descubrir novas voces literarias e mergullarse en historias únicas.

0.16369104385376