Presentada a publicación da obra gañadora do 50 Premio de Poesía de Vilalba

TerraChaXa
A obra, publicada pola editorial Alvarellos, foi seleccionada como a mellor proposta poética nesta última edición do certame
presentacion-meridiano-orixe
11 May 2025

Nun emotivo acto celebrado recentemente, tivo lugar a presentación da obra gañadora da 50ª Edición do Certame Literario de Vilalba, Meridiano Orixe. A autora premiada, Andrea Fernández Maneiro, estivo arroupada pola concelleira de Cultura, Mónica González, o membro do xurado Xulio Xiz e o editor Henrique Alvarellos, nunha xornada que puxo en valor a creatividade e o compromiso coa lingua galega.

Ao evento tamén asistiron o vicealcalde Modesto Renda e a concelleira de Promoción da Lingua, María Xosé Fernández, evidenciando o apoio institucional á cultura e ás letras galegas neste aniversario tan especial do certame.

A obra, publicada pola editorial Alvarellos, foi seleccionada como a mellor proposta poética nesta 50 edición do certame, organizado pola Concellaría de Cultura de Vilalba, co obxectivo de fomentar a creación literaria en lingua galega e apoiar novos talentos no eido da poesía.

⚙ Configurar cookies
0.13599300384521