Presentada unha nova edición do DéporCampus nas Pontes

TerraChaXa
O campus do Deportivo de La Coruña volve a As Pontes por segundo ano consecutivo, logo de que a nosa localidade se estrease como sede o verán pasado.
Captura
10 Xuño 2019

O campus do Deportivo de La Coruña volve a As Pontes por segundo ano consecutivo, logo de que a nosa localidade se estrease como sede o verán pasado.

Será entre o 24 e o 28 de xuño, nunha semana na que os nenos e nenas poderán participar dun método único, impartido por adestradores do Clube, baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Esta mañá preséntabase a cita lúdico deportiva coa presenza de Antonio Alonso polo Concello, Xaime Castro o presidente do Clube anfitrión, o As Pontes, e Pablo Barros, director do DéporCampus.

As idades que se contemplan deben estar entre os 6 e os 14 anos, e o prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de xuño.

O prezo na sede pontesa vai ser de 100 euros para todos aqueles que estean xa no C. D. As Pontes ó poder acollerse á tarifa reducida.

Na páxina web deporcampus.rcdeportivo.es pódese atopar toda a información que se precise, así como o formulario de inscrición.

DeporCoruna 696x928
3.1360149383545