Presentadas as obras do VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba

TerraChaXa
O Museo das Aves acolleu este acto, no que estiveron os autores galardoados e organizadores da convocatoria
presentacion-premio-torre-de-caldaloba
16 Dec 2024

Días despois do fallo e entrega do VII Certame de Poesía Torre de Caldaloba, presentáronse este sábado no Museo das Aves de Cospeito as obras premiadas na edición VI, de 2023. Este certame está convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.

O xurado de dito certame concedera o primeiro premio á obra Non deixedes na mesa nin leite nin pan, de Xurxo Alonso García por “ser un poemario onde a palabra xorde como unha fervenza que escorrega polo regueiro da ausencia".

E o segundo premio recaeu na obra Vaira e Cristal, de Paulino Peña Álvarez, da que dixo o xurado que se trataba "dun poemario en verso breve que destaca pola capacidade de entregar ao lector unha memoria aínda intacta de vivencias pasadas, grazas tamén á eficacia dunha linguaxe culta e refinada".

O xurado estivo composto por Armando Requeixo, Maurizio e Xosé Otero Canto, actuando como secretario, con voz mais sen voto, Martiño Maseda.

0.17015314102173