Presentadas dez candidaturas para ser socios estratéxicos no polo aeroespacial

TerraChaXa | LugoXa
É o lanzamento da convocatoria para seleccionar novas empresas tractoras que acompañen á Xunta neste proxecto pioneiro.
dron polo aeroespacial rozas
13 sep 2021

A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos. Así o adiantou durante a clausura do IV Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial (CIAG), organizado polo Consorcio Aeronáutico Galego.

O lanzamento da convocatoria para seleccionar novas empresas tractoras que acompañen á Xunta neste proxecto pioneiro é unha das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia 2021-2025 do Polo Aeroespacial de Galicia, cun orzamento de 40M€ e a previsión de asinar entre catro e oito acordos de asociación para desenvolver  arredor de 80 proxectos de I+D. No tocante ás dez propostas presentadas, entrarán agora en fase de avaliación unha vez se comprobe que a documentación achegada se axusta ás bases reguladoras da convocatoria.

Segundo dixo, este grao de interese que esperta o Polo de Rozas demostra que a industria aeronáutica confía en Galicia e nun proxecto que naceu e se desenvolveu a través dun instrumento clave como a Compra Pública Innovadora, coa que se levan mobilizado 164M€ a partir dun investimento público de 58M€. Un proxecto que conta agora cunha nova folla de ruta de cara ao 2025, cun investimento de 70M€, para consolidar maior pegada industrial, para que as pemes galegas se incorporen ás cadeas de valor das grandes empresas do sector, para impulsar a proxección internacional e a comercialización de novas solución e para a creación de emprego cualificado.

0.1358950138092