Presentado en Vilalba o libro coas obras premiadas nas últimas edicións do Certame de Microrrelatos

TerraChaXa
Xa está en curso a sétima edición do certame e o praza de entrega de traballos está aberto
presentacion-libro-certame-de-microrrelatos
13 Apr 2025

O Concello de Vilalba acolleu a presentación do libro que recolle as obras premiadas na quinta e sexta edición do Certame de Microrrelatos do Día do Libro. Durante o acto, participaron da lectura realizada polos propios actores dos microrrelatos, ofrecendo unha experiencia única que achegou aos asistentes ao mundo literario destes contos breves pero cheos de imaxinación.

A iniciativa, que se leva a cabo co apoio da Concellería de Cultura, foi un éxito na súa edición, "demostrando o compromiso e a paixón polos contos curtos na nosa comunidade", explicaron desde a organización, que dedicou "un sincero parabén a todos e todas as premiadas, cuxas creacións contribuíron a enriquecer este proxecto cultural".

Ademais, xa está en curso a sétima edición do certame, animando a todos os interesados a participar e continuar promovendo a lectura e a escritura de microrrelatos. O prazo segue aberto ata o 31 de maio.

⚙ Configurar cookies
0.16486287117004