O Concello presenta o cartel da Feira do Capón 2018
Non hai en Galicia Nadal sen Feira do Capón. Tradicionalmente, o último domingo antes de Noiteboa, Vilalba acollía esta tradicional celebración gastronómica cunha historia que se remonta a 1835.
Este ano será o venres 21 de decembro na Praza da Constitución. De feito o Concello xa ten cartaz anunciador.
A importancia da feira é tanta, que son moitas as actividades que se organizan de forma paralela. Así, todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira, ben sexa de alimentación, artesanía ou de asociacións, poderán facelo cubrindo as fichas de inscrición que están disponibles na web municipal.
A data límite de inscrición é ata o venres 7 de decembro de 2018.
IXP
O Capón de Vilalba foi recoñecido como Indicación Xeográfica Protexida. Nesta edición da feira os exemplares contan co selo, os produtores poderanse acoller ao recoñecemento cumprindo a normativa.