Presentan en Begonte as axudas para poñer en marcha o mercado local da enerxía

TerraChaXa
O alcalde de Begonte, José Ulla, en compaña da Secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen Muñoz, e o presidente do IDAE, presentaron as axudas para a posta en marcha de mercados locais de enerxía.
26 Dec 2022

O alcalde de Begonte, José Ulla, en compaña da Secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen Muñoz, e o presidente do IDAE, presentaron as axudas para a posta en marcha de mercados locais de enerxía.

A iniciativa desenvolvida polo Concello, Begonte Genera, é pioneira en Galicia e unha das primeiras en levarse a cabo en España.

Dito proxecto recolle a instalación de placas fotovoltaicas, unha turbina hidráulica e minieólica, acadando a segunda maior nota de todos os proxectos presentados e unha achega de 2,5 millóns de euros dos fondos Next Generation.

O alcalde compartiu a súa experiencia, paso a paso, para facer realidade unha desconexión virtual do mercado eléctrico, destacando o compromiso medioambiental e social do Concello, que permitirá reducir a factura eléctrica municipal e cumplir cos obxetivos adquiridos no Pacto de Alcaldes polo Clima, para a reducción da pegada de carbono.

O PROXECTO

O Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu unha subvención de 2.443.214 euros para a posta en marcha dun Mercado local da Enerxía (MLE) en Begonte, a través de Begonte Genera, un proxecto deseñado e elaborado pola empresa Masinteligencia, que obtivo a segunda máxima puntuación entre os 28 proxectos con subvención concedida.

O proxecto conta cun investimento de 5.284.700 euros en total nesta primeira fase. Trátase de instalar unha microrrede eléctrica intelixente bidireccional, con capacidade para cubrir as necesidades enerxéticas 24 horas, 365 días ao ano, no municipio, usando para iso enerxía 100 % renovable xerada no mesmo municipio, a través dun mix de tecnoloxías, solar, mini eólica, turboxenereadores hidráulicos, unha planta de Biogás eléctrico e almacenamento masivo.

Os MLE www.mercadolocaldelaenergia.es, son unha nova forma de organizar as actividades de abastecemento enerxético a escala local, un modelo que persegue superar o actual modelo de xestión da enerxía centralizado, claramente prexudicial para os consumidores, por outro distribuído de km 0 tal e como xa se está conseguindo en Ballesteros de Calatrava, Cidade Real.

Entre as numerosas vantaxes cabe destacar, que os e-comuneiros (comuneiros enerxéticos, consumidores) conseguirán conxelar a súa factura enerxética, desligándose da volatilidade do mercado almacenista, elimínase o tope de gas e pasan a ser suxeitos activos do mercado enerxético.

0.2087709903717