Presentan en Castro o documental 'As Nosas Mulleres'
Filme Fotografía, Rubén García Videógrafo e o Concello de Castro de Rei celebrarán este ano o Día da Muller complementando o proxecto audiovisual do ano pasado no que se recollían os testimonios de seis mulleres do termo municipal, Josefa, Pili, Guadalupe, Modesta, Celia e Chus, que con distintas idades, profesións e experiencias relatan as súas vidas e mostras as súas opinións.
Nesta ocasión presentarán un vídeo documental co título As Nosas Mulleres, que terá lugar este venres, 4 de marzo, na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea a partir das 20.30 horas.
"Mulleres que nos inspiran a tod@s e que nos deixan claro que o día que se achega 8 de marzo é moi especial e debemos facer referencia a elas", explican dende o Concello de Castro de Rei.