Presentan en Castro Ribeiras de Lea o documental Coidadoras polo 8M
TerraChaXa | LugoXa
Filme Fotografía, Rubén García e o Concello de Castro de Rei celebrarán este ano o Día da Muller complementando o proxecto do ano pasado.
6 Mar 2023
Filme Fotografía, Rubén García Videógrafo e o Concello de Castro de Rei celebrarán este ano o Día da Muller con outro proxecto audiovisual que neste caso recolle a testemuña de sete mulleres que se adican ao coidado de persoas, tanto profesionalmente, como en silencio, nos seus domicilios, coidando dalgún familiar.
Nesta ocasión presentarán un vídeo documental co título Coidadoras, que terá lugar o 10 de marzo, na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea a partir das 21.00 horas.
"Este ano é especial. Xa que é unha homenaxe a un traballo esencial para manter o benestar das persoas. O valor dun traballo invisible", explican dende a dirección do mesmo.
A sesión de presentación contará coa actuación deo Valuriños de Castro de Rei.