Presentan en Meira 'Na lírica emoción' cos poemas de Avelino Díaz e musicados por A Quenlla

TerraChaXa
Trátase dun traballo que pretende  poñer en valor ao gran poeta desta orixe meirega, en concreto da Órrea, en Riotorto
a-quenlla
16 Ago 2024

O día 23 deste mes, ás 20.30 horas na Igrexa Monasterial de Santa María de Meira, haberá un acto musical extraordinario no que se fará a presentación, primeira e  en directo, co apoio da Deputación de Lugo, da obra Na lírica emoción. É un título xenérico que se comprende versos e poemas de Avelino Díaz e musicados polo Grupo A Quenlla.

Trátase dun traballo que pretende  poñer en valor ao gran poeta desta orixe meirega, en concreto da Órrea, en Riotorto. Estará presentado polo produtor, músico e poeta Suso López e para exaltar máis os contidos do concerto, actuarán tamén grupos da contorna moi destacados que interpretarán  poemas do mesmo autor e a quen -entre todos- contamos homenaxear na memoria e recoñecemento debido. Serán grupos como Voladura, Cantareiras de Nove Ferreñas, a Coral Polifónica Airiños do Miño, a Coral de Riotorto, o Coro Pena Gallada e o Grupo Tradicional A Chocolateira.

0.18079209327698