Presentan en Vilalba a mostra 'Dáte conta' sobre as violencias machistas

TerraChaXa
A exposición visibiliza, a través de carteis informativos e viñetas, intenta concienciar á poboación máis nova
exposicion-vilalba-violencia-de-xenero
31 Out 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reafirmou a importancia da formación en igualdade para evitar actitudes sexistas entre a mocidade. Así o asegurou durante a presentación da exposición Dáte Conta, que se poderá visitar no Auditorio Municipal de Vilalba, acompañada pola alcaldesa, Marta Rouco, e representantes da corporación municipal.

A exposición presenta, a través de carteis informativos e viñetas, actitudes e realidades de violencias machistas, fundamentalmente no ámbito da parella, para traballar coa poboación máis nova.

Nos debuxos reflíctense situacións e comportamentos de desvalorización, machismo, violencia psicolóxica, abuso emocional e obsesión. Ademais das viñetas, na mostra pódense ler varias frases con datos sobre estas violencias procedentes do estudo A situación da violencia contra as mulleres na adolescencia en España, realizado polo Ministerio de Igualdade sobre unha mostra de máis de 13.000 mozas de 14 a 20 anos.

Entre eses datos, figuran realidades como que o 4 % das adolescentes confesan ter recibido mensaxes a través da Internet ou no móbil nas que as insultan, ameazaban, ofendían ou asustaban, ou que unha de cada dez mozas adolescentes foi illada das súas amizades, controlada pola súa parella ou incitadas a tomar parte en actividades sexuais nas que non querían participar.

0.072700977325439