Presentan este venres en Vilalba a obra poética 'Fragor do Urdido'
TerraChaXa
A presentación terá lugar na casa da cultura vilalbesa a partir das 20.00 horas
20 sep 2024
O Concello de Vilalba e Culturalia GZ organizan este venres 20 de setembro ás 20 horas a presentación do libro Fragor do Urdido, escrito man a man por Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval.
Xunto ós dous autores, participarán na mesa a Concelleira de Cultura Tamara Rodríguez e mailo director de Culturalia, Martiño Maseda.
A presentación terá lugar na casa da cultura vilalbesa.