Presentan na Pastoriza a nova guía micolóxica

TerraChaXa
Este evento terá lugar o xoves 25 de xaneiro ás 20:00 horas no Fogar de Maeloc
presentacion-guia-basica-micologia-pastoriza
21 Jan 2025

O Club de Lectura Entre Liña, da Pastoriza, en colaboración co Hábitat Cultural Fogar de Maeloc e a Sociedade Micolóxica Lucus, organiza a presentación da segunda edición da Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo. Este evento terá lugar o xoves 25 de xaneiro ás 20:00 horas no Fogar de Maeloc.

A guía, elaborada por Julián Alonso Díaz, José Castro Ferreiro, María Cristina García-Echave Puente e Antonio Rigueiro Rodríguez, é unha obra pensada tanto para persoas iniciadas na micoloxía como para quen desexe comezar a explorar este fascinante mundo. Durante o acto, as autoras e autores explicarán a estrutura da guía e responderán ás preguntas e dúbidas dos asistentes relacionadas coa micoloxía.

O evento está dirixido especialmente a aquelas persoas que gozan do contacto coa natureza e desexan ampliar os seus coñecementos sobre os cogomelos e os ecosistemas do territorio lucense.

0.1767749786377