Presentan na Pastoriza o documental sobre os segadores da zona de Órrea
TerraChaXa
A casa da cultura da Pastoriza acolle a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
19 Maio 2023
A casa da cultura da Pastoriza acolle este sábado, 205 de maio, a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
Este documental, coa dirección de Laura Alonso e Vanesa G. Lourido, recolle as testemuñas dun gran número de veciños da localidade, que foron entrevistados os últimos meses.
Un total de 30 veciños, un deles unha muller, aportan as súas lembranzas do que califican como "un feito fundamental da historia da nosa parroquia".
A sesión terá lugar ás 21.00 horas e é aberta ao público
O documental foi encargado pola Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea.