Presentan nas Pontes o libro 'Os vellos', de Manuel López Foxo

TerraChaXa
O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes acolle hoxe, ás 19.
presentacion libro os vellos as pontes
presentacion libro os vellos as pontes
19 Xan 2024

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes acolle hoxe, ás 19.00 horas, a presentación do libro Os vellos, de Manuel López Foxo.

Trátase dun traballo que contén nove entrevistas con persoas maiores da zona e que fai referencia á memoria da vida e a cultura que se perde.

Os maiores entrevistados pertencen ás localidades de As Pontes (Somede), Viveiro (Landrove) e Ortigueira (As Neces, San Claudio, Couzadoiro, etc).

O acto estará presentado por José López Ferro, director do Museo e, ademais do autor, estará tamén Manuel Bouzamayor, presidente de Terras de Ortegal, editora do libro.

0.093132019042969