Presentan nos Vilares un estudo de Raúl Río sobre o uso do galego nas lápidas
TerraChaXa
A Casa Habaneira dos Vilares, acollerá o 16 de abril, ás 18.00 a presentación do estudo de Raúl Río sobre as lápidas en galego.
11 Abr 2023
A Casa Habaneira de Conchada, nos Vilares, acollerá este domingo, 16 de abril, ás 18.00 a presentación do estudo de Raúl Río sobre as lápidas en galego nesta parroquia.
Na presentación do evento estará o autor, acompañado de Alfonso Blanco, presidente de Xermolos; Bernardo Penabade, do proxecto NEO; Alejandro Piñón Espasandín, párroco dos Vilares, e familiares das persoas que teñen esas lápidas en galego.
Como colofón da sesión, farase unha visita guiada ao cemiterio.
Os Vilares é unha parroquia que ten numerosas lápidas en galego, polo que o proxecto NEO encargou ao noso colaborador Raúl Río, este estudo.