Presentan un libro de herbas mediciñais cun paseo nas Pontes
TerraChaXa
Será este sábado, ás 11.00 horas
Portada do libro
24 Maio 2024
Rosalía Bermúdez, autora do libro 7 herbas máxicas para a túa saúde, beleza e benestar, presentará nas Pontes a obra e guiará un paseo didáctico pola senda de Calvo Sotelo para coñecer especies da beira do Eume.
Trátase dunha actividade que se desenvolverá este sábado, 25 de maio, de 11.00 a 11.30 horas para 20 persoas. Antes da ruta fará a presentación e logo fará as firmas e a venda ao remate.