Presentan un sistema de balizas de seguridade para o algo do Fiouco

TerraChaXa
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou as balizas intelixentes en climatoloxía adversa (BICA) na A-8, alto de O Fiouco.
180424 DG balizas O Fiouco 2
24 Apr 2018

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou as balizas intelixentes en climatoloxía adversa (BICA) na A-8, alto de O Fiouco. Un acto no que estivo acompañado polo director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez; a xefa provincial de tráfico de Lugo, Paula Yubero Praza; a coordinadora da DGT en Galicia, Mª Vitoria Gómez Dobarro; o xefe do Subsector de Tráfico de Lugo, José Miguel Martínez; o tenente coronel Francisco Javier Molano, e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.

Trátase dun proxecto no que se está traballando desde o ano 2015 que consiste na instalación de balizas intelixentes baseado nun sistema de iluminación composto de tecnoloxía leds en ámbar e vermello sobre un poste de 1,5 metros de altura. Segundo destacou, é un elemento de advertencia que, ante situacións de néboa, activará a cor ámbar indicando a trazada da autovía en condicións de seguridade.

Cando o sistema detecta o paso dun vehículo, ilumínase a parte da baliza en cor vermella para sinalar ao vehículo que vén detrás que hai un vehículo que lle precede. Deste xeito se indica a obligatoriedade de manter unha distancia de seguridade apropiada e permítelle ver o movemento de desprazamento do citado vehículo.

Desde o pasado mes de febreiro o sistema está instalado nun tramo experimental de medio quilómetro en ambos carrís sentido crecente e está previsto que se amplíe a cinco quilómetros ciñéndose á zona con maior afectación de néboa. Así mesmo, instalouse un panel-esbozo de información para que os usuarios da vía sexan coñecedores deste sistema instalado.

A semana pasada, durante a celebración do 18º congreso da Asociación de Sistemas Intelixentes de Transportes (ITS), o director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, recibiu un recoñecemento pola instalación das balizas intelixentes en climatoloxía adversa, un premio que posteriormente foi entregado ao director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez. O galardón foi concedido pola efectividade que demostrou a BICA como ITS (sistema intelixente de transporte) aplicado á seguridade vial.

Segundo indican dende o Ministerio, a medida presentada únese ás xa postas en práctica previamente para dar resposta ás necesidades de seguridade deste tramo, e tras reunións entre todas as partes competentes en materia de seguridade vial, aplícanse desvíos neste tramo cando se ve afectado por néboa moi desfavorable, onde hai instaladas cámaras de seguridade, balizas delimitadoras e paneis de mensaxe variable. Todos estes dispositivos informan constantemente ao Centro de Xestión de Tráfico e desde aí sinalízase oportunamente para informar aos usuarios da vía do estado da mesma e incrementar dese xeito a seguridade da autovía.

Estas iniciativas desenvolvéronse tendo en conta que neste punto da autovía prodúcense constantes bancos de néboa debido á elevación orográfica e a situación climatológica, que provocan unha redución da visibilidad que afecta á seguridade vial.

0.16372394561768