Presentan unha nova edición do certame de debuxo da Tradescola

TerraChaXa | AMariñaXa
A deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou no CENTRAD o VII Certame de Debuxo que organiza a Tradescola, dirixido a escolares da provincia, no que por primeira vez poden participar todos os centros escolares da provincia que cursen 1º, 2º e 3º de primaria.
Presentan unha nova edición do certame de debuxo da Tradescola
12 Feb 2019

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou no CENTRAD o VII Certame de Debuxo que organiza a Tradescola, dirixido a escolares da provincia, no que por primeira vez poden participar todos os centros escolares da provincia que cursen 1º, 2º e 3º de primaria. No acto estivo acompañada pola coordinadora da asociación, Mónica Fernández.
García Porto sinalou que “nesta nova edición do concurso da Tradescola poderán participar todos os alumnos da provincia, e ademais outra novidade deste certame é que os gañadores verán expostos os seus traballos no CENTRAD, na segunda quincena do mes de marzo”.
A Deputada convidou “a todos os alumnos e centros escolares da provincia a participar nesta nova edición, na que os traballos deben estar realizados á man usando ceras, lapis, rotuladores, acuarelas ou similares. Os contidos e as formas dos debuxos son libres, pero todos tratarán sobre os instrumentos da música tradicional galega. Cada concursante poderá enviar un só debuxo”.
Os 25 alumnos e alumnas finalistas recibirán un lote agasallos con material didáctico de música tradicional, así como os centros escolares onde cursen estudios. Ademais o gañador do certame recibirá un premio consistente na matricula gratuíta nunha materia da Tradescola no curso 2019/2020 ou no centro máis cércano. E o centro educativo ao que pertenza o gañador tamén recibirá agasallos consistentes nunha visita guiada ao CENTRAD, un obradoiro para os máis novos a cargo do Obradoiro de Instrumentos musicais, e un concerto didáctico de musica tradicional a cargo da Tradescola.
Os debuxos deberan presentarse na Tradescola (Centro de Lug2, r/ Pintor Corredoira, n.4, CP: 27002- Lugo , ou ben na Area de Cultura da Deputación , r/ San Marcos, n.8, CP: 27001-Lugo. Os participantes teñen de prazo ata o 1 de marzo de 2019.

0.094693899154663