Presentáronse en Viveiro varios proxectos desenvoltos por alumnos do obradoiro dual de emprego

TerraChaXa | AMariñaXa
Presentáronse en Viveiro varios proxectos desenvoltos integramente polo alumnado da especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais no marco do obradoiro dual de emprego Ribadeo co Camiño, que se está a levar a cabo dende o mes de novembro do ano 2018.
7 Xuño 2019

Presentáronse en Viveiro varios proxectos desenvoltos integramente polo alumnado da especialidade de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais no marco do obradoiro dual de emprego Ribadeo co Camiño, que se está a levar a cabo dende o mes de novembro do ano 2018.
O que se busca con todas estas iniciativas é pór en valor o tramo ribadense do Camiño de Santiago empregando as novas tecnoloxías como mecanismo de difusión. Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio “estes traballos permitirán aos peregrinos ou a calquera persoa coñecer mellor o tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo, porta de entrada en Galicia do Camiño Norte, e descubrir parte do rico patrimonio histórico, cultural e artístico que atesoura este municipio”.
Os traballos a presentar foron catro, e o primeiro deles serán oito audioguías en catro idiomas: español, galego, inglés e francés, e os contidos das audioguías son o tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo; o peirao de Porcillán, a aduana vella, o mirador e a capela da Atalaia; a praza de España: o Pazo de Ibáñez, Torre dos Moreno, Igrexia de Santa Maria e convento de Santa Clara; a capela de San Lázaro / hospitais de peregrinos; o Barrio de A Ponte / a festividade das Cruces e a Igrexa de Arante; o exvoto mariñeiro (muro sur. Igrexa da nosa Señora das Virtudes); as pinturas marianas (muro norte. Igrexa da nosa Señora das Virtudes); o Arco Triunfal e altar maior (Igrexa da nosa Señora das Virtudes).
Cóntase que unha vez remate o obradoiro a finais de xullo, todas as audioguías estean dispoñibles en dous idiomas máis portugués e vasco.
O segundo proxecto foi o video promocional do camiño, proxecto audiovisual de tres minutos de duración no que se recollen os atractivos do tramo do camiño de Santiago ao se paso polo municipio.
O terceiro proxecto foi unha visita virtual á capela da Nosa Señora das Virtudes, unha das grandes xoias do patrimonio histórico, artístico, cultural e espiritual ribadense pola riqueza das súas pinturas murais, entre as que se atopa o único exvoto mariñeiro que hai en toda Galicia. O último foi o video 3D do tramo do camiño e a capela de Arante.

0.15292716026306