Preséntase 'Un corvo en Caldaloba' na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Un corvo en Caldaloba, de María Xosé Lamas, preséntase este sábado na Casa-Museo Manuel María a partir das 19.00 horas
presentacion un corvo en caldaloba casa manuel maria
7 Feb 2023

Este sábado, 11 de febreiro, ás 19 horas, preséntase na Casa-Museo Manuel María o libro de María Xosé Lamas Un corvo en Caldaloba.

A autora, xunto a Antón de Guizán (de Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños), introducirá aos asistentes nesta peza teatral escrita sobre os feitos decorridos na torre de Caldaloba no século XV e que supuxeron a fin da existencia efectiva do Reino de Galiza. Unha peza teatral para gozar da súa lectura, e da súa representación, reivindicando un anaco da historia de Galiza e a recuperación da torre, como distintas entidades chairegas e lucenses reclaman, fronte ao seu deterioro e esquecemento.

Libre coma paxaros

O sábado, 18 de febreiro, previo ao Día de Rosalía, a Casa-Museo Manuel María acollerá, ás 20 horas, a representación da peza teatral protagonizada por María Barcala e dirixida por Xúlio Lago (Teatro do Atlántico), Libre coma paxaros. A obra, que tanto éxito está a recoller polas distintas localidades en que se representa, é un percurso polo pensamento e a palabra de Rosalía.

0.09631609916687