Preto de 10.000 espectadores gozaron do cine de estrea nas Pontes
Desde o mes de xaneiro de 2018 foron 9.937 os espectadores que puideron gozar do cinema de estrea, sen saír de As Pontes, grazas á instalación, na Casa Dopeso, dun equipo de proxección dixital só dispoñible en salas comercias.
Desde o goberno municipal, Sonia Sueiro, responsable da área de Cultura apunta que “ as cifras acreditan o éxito desta aposta do Concello de As Pontes para ofrecerlle á veciñanza a posibilidade de gozar dunha programación de calidade é estable durante todo o ano, a excepción dos meses de verán, a un prezo reducido, feito que converte á nosa vila nun referente neste tipo de oferta cinematográfica”
Ó longo de todo o ano proxectáronse un total de 54 títulos, doce españois, once de procedencia europea, 27 títulos estadounidenses, dous filmes do Canadá e outros dous de Australia, que sumaron non seu conxunto algo máis de 250 pases.
Os títulos que máis espectadores lograron congregar foron as películas de animación Ferdinand, con seis pases e 502 espectadores, e Ralph Rompe internet con algo máis de 460 entradas vendidas.
Non caso do cinema convencional dirixido a toda a familia, os títulos españois, Superlópez e Campeones foron os máis vistos, superando, en ambos os casos, os 400 espectadores mentres que Bohemian Rhapsody, con 454 espectadores, e La forma del auga, con algo máis de 300 espectadores, foron os títulos preferidos polo público adulto.
Desde o Concello de As Pontes anímase ás familias e á veciñanza a seguir gozando desta oferta cinematográfica, “antes impensable, cunha ampla programación deseñada para todos os públicos, que completa e dá maior empaque ás actividades culturais organizadas desde o goberno municipal, promovendo e garantindo, ó mesmo tempo, o acceso á cultura en todas as súas manifestacións”.