Preto de 2.000 lucenses cursarán os seus estudos no centro de referencia da UNED no noroeste peninsular

TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López inauguraron este luns a nova sede da UNED que financiou o Goberno da Deputación con 2 millóns de euros, para converter este ezpazo público lucense, no antigo Hotel Miño, no centro de referencia da Universidade a Distancia no noroeste de España.
Inauguración da nova sede da UNED en Lugo
20 Nov 2017

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López inauguraron este luns a nova sede da UNED que financiou o Goberno da Deputación con 2 millóns de euros, para converter este ezpazo público lucense, no antigo Hotel Miño, no centro de referencia da Universidade a Distancia no noroeste de España. Fixéron acompañados do Reitor da UNED, Alejandro Tiana, nun acto no que tamén se inaugurou o novo curso académico 2017-2018, para o que xa están matriculados preto de 2.000 lucenses que se beneficiarán destas novas instalacións. Ademais, o Presidente e a Alcaldesa entregaron os diplomas a 30 dos 111 novos graduados pola UNED de Lugo.

Campos Conde destacou que “hoxe é un día que de seguro marcará a historia educativa da nosa provincia; un día de celebración para todos os lucenses, no que poñemos en marcha, oficialmente, na capital da nosa provincia: a nova sede da UNED. O Goberno da Deputación investiu neste proxecto 2 millóns de euros para que Lugo contase co centro da UNED de referencia no noroeste de España, pois son unhas instalacións pioneiras e de primeiro nivel en Galicia, Asturias, León, Zamora e Salamanca, que acollerán aos preto de 2.000 alumnos na UNED, ao tempo que que defendemos unha educación pública de calidade e poñemos en valor o patrimonio público, como é o Hotel Miño, dándolle ademais unha utilidade pública, e impulsando o cinto verde da capital luguesa”.

O Presidente da Deputación engadiu que “co remate destas obras acadamos un edificio cun amplo número de aulas para titorías presenciales; un salón de actos con notable capacidade para levar a cabo eventos de imporante alcance como congresos ou simposios, dispoñible para entidades públicas e privadas; así como unha biblioteca e un aparcamento propios e accesibles a todos os lucenses”.

Méndez López destacou que “hoxé é un día deses que marca a historia dunha cidade e dunha sociedade, no que damos un gran paso cara a excelencia educativa coa estrea destas instalacións, nas que a partir deste curso funcionará o centro asociado da UNED de Lugo, unhas instalacións que nos converten no centro referencial desta Universidade no noroeste de Espana”.

O Presidente e a Alcaldesa supervisaron as derradeiras actuacións levadas a cabo no antigo Hotel Miño co remate dos traballos de dotación de aparcadoiro e zonas axardinadas, unhas obras que contaron cun orzamento de 215.000 euros. Estas actuacións consistiron na demolición do bloque 2 do edificio, a construcción dun aparcadoiro duns 1.900 metros cadrados con máis de 70 prazas; e a dotación de zonas verdes, con césped e mobiliario urbano, como papeleras ou xardineiras.

O Goberno da Deputación adxudicou estas actuacións a finais de agosto do 2016. Tivo que agardar ata mediados de marzo de 2017 polo permiso legal imprescindible da Confederación Hidrográfica do Miño Sil. Unha vez chegado este ao organismo provincial, remitiuselle ao Concello de Lugo para que dita última administración puidese outorgar a licenza de obra. Este último trámite non se podía facer, en ningún caso, sen o permiso da Confederación.

Hotel Miño
O Hotel Miño foi adquirido polo organismo provincial en 1984. En 2007, a anterior corporación provincial acordou a súa posta á venda, operación que non chegou a formalizarse debido ó incumprimento do comprador. Posteriormente, voltouse por á venda en 2 ocasións, nas que non se presentaron ofertas. Finalmente, ante a petición da Asociación Provincial da Hostelalería dun centro de formación en Lugo, a Deputación púxoo a disposición da Xunta sen obter resposta algunha. Agora, Deputación e Concello de Lugo dan a este patrimonio público unha finalidade pública, levando alí as instalacións da UNED na capital luguesa.

Vantaxes
Converter o Hotel Miño na nova sede da Uned en Lugo colevará claras vantaxes:
1.- Económica. Aforraranse os 105.000 euros anuais que, actualmente, se desenvolsan no alugar do edificio Forcam, propiedade da Cámara de Comercio, para as clases.
2.- Espacial. Gañarase espazo para acoller ós alumnos en constante aumento: segundo datos oficiais, a Uned luguesa incrementou nun 15% o número de matriculados no 2013 con respecto ó ano pasado, acadando os 2.212. Trátase do maior crecemento en volume de alumnos de Galicia.
3.- Adaptación do centro ó novo marco universitario europeo.
4.- Consolidación da existencia da Uned en Lugo coa permanencia da sede.

Características das instalacións
O bloque 1, que é o edificio principal do Hotel Miño, conta con 1.993 metros, distribuidos en 4 prantas:

- Na pranta baixa (446 m2) sitúase a biblioteca de acceso libre e con conexión a Internet, o departamento de orientación, formación e emprego (COIE), así como o de atención ao alumnado.
- Na primeira pranta (536 m2) hai 6 aulas compostas por tabiques móbiles, facendo posible que en tempadas de maior afluencia de estudantes, por exemplo durante a celebración de exames, quede unha soa sala con capacidade para 100 persoas. Tamén neste espazo, se localiza a sala de reunións e a de dirección.
- Na segunda pranta (536 m2) están as restantes 12 aulas -isto significa que a UNED conta cun total de 18 aulas-, así como a área de informática.
- A terceira pranta (475 m2), que era a terrraza, converteuse nun espazo que agora acolle o salón de actos e os laboratorios.
- Por último, o aparcadoiro, con preto de 1.900 metros cadrados e con capacidade para máis de 70 prazas; e a zona verde, con xardín e mobiliario urbano, como xardineiras ou papeleiras).

Dotación tecnolóxica
- O Centro conectarase a Rede Iris (10 GB), o que permitirá poñer contidos dixitais audiovisuais de alta calidade na Rede.
- Tanto o salón de actos como a aula de extensión universitaria permitirán levar a cabo eventos que poderán ser emitidos por streaming de mellor calidade, ata agora limitados pola insuficiente capacidade de INTECCA.
- Potenciarase cualitativa e cuantitativamente o Proxecto de Lugo Cultura Dixital, ao servizo das Asociacións culturais da provincia de Lugo. Considerarase a posibilidade de ampliar estes servizos ao resto de Galicia así como á Rexión Norte de Portugal.
- Poderanse abordar novos programas de formación para entidades públicas e privadas tanto no nivel de Galicia como para o resto de España.
- O Centro creará un Repositorio propio de contidos dixitais audiovisuais ao servizo da comunidade universitaria e tamén da cidadanía en xeral.

Oferta académica
- 22 titulacións universitarias de Grao.
- Implantación do Grao en Criminología como novidade.
- Curso Acceso para maiores de 25 e 45 anos.
- CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) B1, B2 e C2 con acreditación oficial.
- UNED SENIOR Cursos para maiores de 55 anos. (3 niveis de inglés para este curso)
- Inauguración do curso: "Policía Xudicial e Dereito Penal: realidades e desafíos" con relatores de recoñecido prestixio na área penal, procesual e policial.

0.21231603622437