Preto de 400 persoas participarán o domingo na carreira popular de Castro

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei acollerá a terceira edición da Carreira Popular o domingo 12 de xaneiro, con saída na Casa do Concello e meta na carballeira de Castro Riberas de Lea.
Feira Poldro_3
8 Xan 2020

O Concello de Castro de Rei acollerá a terceira edición da Carreira Popular o domingo 12 de xaneiro, con saída na Casa do Concello e meta na carballeira de Castro Riberas de Lea.

A proba, que conta con 14.6 quilómetros, está aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade e o prazo para anotarse, que xa está aberto, remata hoxe, ás 23:59 horas. Polo momento están apuntadas preto de 400 persoas.

A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás 09.30h, sendo o último servizo ás 10.o0h. Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.

Haberá catro categorías. A absoluta, ás 10.30 horas, fará todo o percorrido, de 14,6 quilómetros. Os rapaces entre 18-12 anos percorrerán 2 quilómetros a partir das 12.25. Cinco minutos antes correrán os de promoción (0,6 quilómetros) e os primeiros serán os pitufos, con 0,15 quilómetros de percorrido, que sairán ás 12.15 horas. Todas estas probas serán na Carballeira de Castro de Rei.

Esta segunda edición repartirá os seguintes premios:

  • Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
  • Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
  • Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
  • Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos

A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida farase no pavillón municipal e comezará, aproximadamente, ás 12.45h.

Ao finalizar pinchos e bebidas para todos os participantes.

A organización ten previsto para os partipantes aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes), aseos na zona de saída-chegada, roupeiro onde os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta. Tamén haberá vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta, vituallamento ao final de cada carreira e avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos. Asimesmo disporán de zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores e hinchables, para que os pais podan desfrutar da súa carreira e servizo de ambulancia.

Feira Poldro_2
0.21371698379517