Preto de 500 persoas participaron na Xuntanza de Maiores de Abadín

TerraChaXa
A tarde estivo amenizada por música en directo e pola actuación da coral, que puxo a nota cultural e emotiva ao evento
xuntanza-maiores-abadin
8 Sep 2025

Este fin de semana Abadín acolleu unha nova edición da tradicional Xuntanza de Maiores 2025, que se celebrou no pavillón polideportivo da localidade e contou cunha participación extraordinaria de 470 persoas.

O encontro estivo marcado polo espírito de convivencia e irmandade. Durante o xantar, compartíronse conversas, reencontros, música e moito bo humor, converténdose os maiores nos verdadeiros protagonistas da xornada.

A tarde estivo amenizada por música en directo e pola actuación da coral, que puxo a nota cultural e emotiva ao evento. Esta celebración serviu para poñer en valor a importancia da comunidade, do respecto mutuo e da unión entre xeracións.

Desde o Concello de Abadín transmitiron o seu agradecemento ás persoas asistentes, ás colaboradoras e ao equipo organizador por facer posible un evento que xa se consolidou como unha cita destacada no calendario social do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.13709807395935