Preto de 750 corredores, algún dos mellores de España, participarán esta fin de Semana na IX CAMOVI

TerraChaXa | AMariñaXa
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves, en Viveiro a IX Edición da Carreira Montes de Viveiro, CAMOVI 2019, fixérono acompañados do Director Técnico da Carreira, Pedro Esmorís García, o recoñecido corredor, Aaritz Egea, e doutros membros da organización da popular carreira mariñá.
TRX_ABRIL_2019_184_baja 1_portada
25 Abr 2019

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves, en Viveiro a IX Edición da Carreira Montes de Viveiro, CAMOVI 2019, fixérono acompañados do Director Técnico da Carreira, Pedro Esmorís García, o recoñecido corredor, Aaritz Egea, e doutros membros da organización da popular carreira mariñá. As 8:00 horas dará comezo a C42K, e as probas durarán ata as 15.30 horas cando se peche o crono, pola noite haberá actuacións musicais.

Rivera Capón puxo en valor “a calidade dos participantes desta cita deportiva, que este ano conta con preto de 750 inscritos. Que a C42K sexa a 2ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña axuda a que algúns dos grandes corredores galegos se acheguen a esta marabillosa proba, e incluso a nivel nacional, como son os campións Aaritz Egea que nos acompaña, ou Oiahana Kortázar”

A CAMOVI presenta 6 modalidades para adaptarse aos diferentes niveis e idades: C42k (42 quilómetros), C21K (21 quilómetros), C10K (10 quilómetros), C45 relevos (45 quilómetros en parella), CAMOVIkids e unha andaina solidaria de 11 quilómetros, cun prezo de 5 euros, que serán doados á Asociación Española Contra o Cancro.

A carreira xa foi presentada o pasado mes de marzo na Casa de Galicia de Madrid “co obxectivo de convertela nun referente e unha cita marcada no calendario deportivo e turístico de toda España. Segundo os organizadores preto do  50% das visitas a páxina web veñen de Madrid, polo que quixemos agradecer e darlle unha maior difusión á carreira con esa presentación” explicou a Alcaldesa.

Horario

08:00 horas: Saída da CAMOVI 42K

09:00 horas: Saída CAMOVI C10K desde Aralde

11:00 horas: Saída CAMOVI C21K desde Naseiro.

11:00 horas: Comezo CAMOVI KIDS na Praza Maior.

15:00 horas: Entrega de trofeos ( a expensas de que se completaran todos os premios)

15:30 horas: Peche de crono na Praza Maior de Viveiro.

0.12430906295776