Preto dunha trintena de persoas participan no Guitiriz en Ruta

TerraChaXa
A segunda ruta de sendeirismo do programa "Guitiriz en Ruta", dende Parga a San Alberte, o pasado domingo 26 de novembro de 2017, contou coa participación dun total de 26 persoas de diferentes idades.
Guitiriz en Ruta dende Parga a San Alberte
1 Dec 2017

A segunda ruta de sendeirismo do programa "Guitiriz en Ruta", dende Parga a San Alberte, o pasado domingo 26 de novembro de 2017, contou coa participación dun total de 26 persoas de diferentes idades.

O punto de quedada foi Parga e realizouse o camiño até San Alberte pola Ruta da Auga. Sendeiro precioso a carón do río Parga nesta época do outono, con toda a tonalidade de cores propios desta estación do ano. A volta ao punto de partida foi pola variante nova do Camiño Norte de Santiago que pasa polo Concello de Guitiriz.

O proxecto de rutas de sendeirismo “Guitiriz en Ruta” recolle un total de 9 andainas dende outubro de 2017 até xuño de 2018, programadas unha cada mes.

Ten o obxectivo de dar a coñecer o noso concello dunha forma alternativa, camiñando e visitando os lugares naturais máis fermosos e emblemáticos e, recolle tamén a finalidade de poñer en valor o patrimonio natural e cultural tan rico que posúe Guitiriz.

A próxima saída está prevista para o domingo 17 de decembro, antes das datas de Nadal, que transcorrerá polos montes da parroquia dos Vilares, visitando o seu cumio máis elevado.

0.16603899002075