Prevención de drogodependencias organiza dúas formacións on line para pais
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza uns obradoiros online dirixidos a nais e pais, profesorado e outros/as axentes educativos para traballar aspectos vinculados á educación das nenas e dos nenos.
A través desta actividade preténdese ofrecer ferramentas as familias e axentes educativos para educar dende o respecto mutuo e a cooperación, fomentando habilidades sociais como a empatía, responsabilidade, autonomía, etc sendo unha boa estratexia preventiva en moitos aspectos dentro dos cales encadramos a prevención de conductas adictivas.
Estes obradoiros serán impartidos de xeito online por María Soto, educadora certificada en disciplina positiva pola Positive Discipline Association e fundadora de Educa Bonito, que abordará as varias temáticas.
O luns,13 de xuño falará das Necesidades infantís que hai detrás das conductas de 17.00 a 18.30 horas. O xoves,16 de xuño, o título da formación será Ferramentas prácticas para educar en equilibrio, que se impartirá co mesmo horario."
As inscrición poden facerse ata 10 de xuño a través de mail en prevenciondrogas@rabade.org (enviando, nome e apelidos, Concello, mail e tlf de contacto), teléfono (982390062) ou pinchando neste enlace.