Prevesos celebra as súas festas esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
Contará con Alma Latina, o dúo Élite e o grupo Fénix
paris-de-noia-orquestra
Imaxe dunha festa
31 Maio 2024

A localidade de Prevesos, en Castro de Rei, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Esteban. Estas darán comezo o sábado 1, ás 13.30 horas, coa misa solemne, que estará seguida da sesión vermú co grupo Alma Latina.

Á noite haberá verbena, tamén co mesmo grupo, xunto ao que estará o dúo Élite.

O domingo continuarán as celebracións ao mediodía coa sesión vermú do grupo Fénix, despois da misa, que terá o seu comezo ás 14.00 horas.

Completarán o 31 de agosto as festas coa tradicional comida popular, na que haberá sesión vermú co trío Blanca Doble e sesión de tarde prolongada. Tamén haberá colchonetas para os nenos.

0.19083499908447