Prevesos celebra as súas festas esta fin de semana

A localidade de Prevesos, en Castro de Rei, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Esteban. Estas darán comezo hoxe, sábado, ás 13.45 horas, coa misa solemne, que estará seguida da sesión orquestra La Travesía.
Á noite haberá verbena, tamén co mesmo grupo, xunto ao que estará o trío Karma.
O domingo continuarán as celebracións ao mediodía coa sesión vermú do grupo Alba, despois da misa, que terá o seu comezo ás 14.00 horas.
Completarán o 6 de setembro as festas coa tradicional comida popular, na que haberá sesión de tarde co Verónica Cambón.