Prevesos celebrará a súa festividade de San Estevo o venres 26

LugoXa | TerraChaXa
Pola tarde e entrada a noite, a verbena estará amenizada polo Dúo Principal, formado por Dani Gigirey e Cristina Vázquez
prevesos-fin-de-ano
25 Dec 2025

A parroquia de Prevesos, no concello de Castro de Rei, celebrará este venres 26 de decembro a tradicional festa en honra a San Estevo, unha cita marcada no calendario local e que cada ano reúne numerosos veciños e visitantes. A xornada comezará cunha misa ás 13:00 horas, seguida da procesión e da habitual sesión vermú.

Pola tarde e entrada a noite, a verbena estará amenizada polo Dúo Principal, formado por Dani Gigirey e Cristina Vázquez, que se encargarán de poñer música e animación á celebración baixo a carpa instalada para garantir o desenvolvemento da festa sen importar o tempo.

A organización destaca que quen desexe despedir o ano vello en Prevesos non pode perder esta cita festiva, onde tamén se repartirá chocolate con churros de maneira gratuíta para todas as persoas asistentes ata esgotar existencias.

⚙ Configurar cookies
0.077898979187012