Primeira Ruta do programa Btteando por Guitiriz
Esta fin de semana celebrouse a primeira ruta en bici Btteando por Guitiriz, que se engloba dentro dun programa de 6 rutas organizadas polo Concello de Guitiriz en colaboración co club local de BTT, Btteiros Cova da Serpe.
O itinerario foi o seguinte: saída da praza do Campo da Feira de Guitiriz, Balneario de Guitiriz, Montemeá, canteiras de Parga, Pena Xiboi, Muíño da Ruxida, As Negradas, Camiño de Santiago Norte (nova variante), Modia, Montemeá, Ruta da Auga e regreso ao punto de saída. Un total de 25 km e 50 persoas participantes entre rapaces e rapazas e adultos.
A vindeira saída está prevista par o domingo 18 de febreiro con saída tamén dende o Campo da Feira de Guitiriz ás 10 da mañá. E farase un recorrido ata a Área Recreativa de San Xoán (pantano de San Xoán), circular, con volta ao mesmo punto.
As rutas en bici están abertas ao público en xeral, a partir de 10 anos de idade e, a partir da próxima ruta, tamén haberá recorridos adaptados para os máis pequenos para que poidan participar todos os nenos e nenas.
[Best_Wordpress_Gallery id="11" gal_title="Btteando por Guitiriz"]