Primeiras actuacións en Viveiro para acabar cunha praga de gusanos

TerraChaXa | AMariñaXa
A empresa contratada polo Concello de Viveiro para terminar coa praga de gusano detectada na rúa Nicolás Cora Montenegro estivo realizando labores de inspección visual de todas as edificacións e zonas afectadas para tratar de localizar a orixe da praga e determinar as zonas nas que se debe actuar.
30 Xul 2019

Posteriormente aplicaron o tratamento correspondente para a eliminación dos gusanos, actuando sobre todo nos posibles focos. Neste momento, é preciso esperar para ver o efecto e evolución deste tratamento e valorar os pasos a seguir.
Dende o concello continuase a buscar asesoramento con outras administracións competentes na materia por se fose preciso realizar algún outro tipo de control a maiores do aplicado pola empresa.
 
0.18889403343201