Primeiras confirmacións do FIV 2022
O vindeiro mes de abril regresa o FIV de Vilalba. Celebrará a súa décimo quinta edición do 22 ao 24 de abril, contando unha vez máis co centro de Vilalba como epicentro do festival e punto de encontro dos asistentes que esperaban a volta do festival a súa orixe, a ser o evento que daba inicio á tempada de festivais.
Vilalba gozará durante tres días de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, cunha capacidade este ano para 5.000 persoas, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.
Bandas e artistas de primeira liña do panorama indie nacional e galegos conformarán unha programación completa de concertos que se celebrarán ao longo de toda a fin de semana, xunto con actividades paralelas, o FIV Kids, un espazo para as pequenas e os pequenos da casa, e zona de acampada, que se anunciará proximamente.
PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS
Os primeiros nomes que conforman o avance do cartel musical do FIV de Vilalba non son casualidade, son bandas e artistas que chegan ao festival con novas cancións, novo disco ou mesmo estreando material a piques de saír.
Un dos pratos fortes desta edición é sen dúbida Sen Senra. Poucos se podían imaxinar que aquel rapaz de Presqueiras que debutou fai cinco anos co efervescente pop sesenteiro de 'Permanent Vacation’ ía estar colaborando en 2021 con C. Tangana ou o reguetonero colombiano Feid. Poida que nin el mesmo o anticipase. As súas melodías xa estaban alí, e foi o seuinconformismo constante o que foi desposuíndo as súas instrumentacións de capas e subindo o ton da súa voz ata conseguir un son irreplicable.
Adrenalina, paixón e rock & roll é a mellor definición de Viva Suecia, ao que lle hai que sumar un potente directo acompañado de imaxe e actitude na súa máxima expresión. Presentarán no FIV de Vilalba algunhas das novas cancións que forman parte desa ilusionante nova etapa que estrearon coa publicacion de ‘La Voz del Presidente’ e que anticipa por onde irá o novo dunha banda en absoluto estado de graza.
Natalia Lacunza é cantante, compositora, e interprete, pero nada é comparable co máis importante que ten, o seu futuro: Natalia conseguiu romper o estigma do éxito e o concepto que supón brillar nun programa como Operación Triunfo, para converter a súa música, as súas influencias e a súa forma de entender as cancións, na súa única carta de presentación.
Unha das grandes promesas do noso país xunto con La La Love You. A súa música a medio camiño entre o punk e o pop, é directa, sinxela e cargada de bo rolo. Cantos non tivemos na nosa cabeza o seu tema ‘El fin del mundo’? Sen dúbida, un dos grandes fenómenos musicais de 2020.
Rufus T. Firefly, a banda liderada por Víctor Cabezuelo e Julia Martín-Mestre é xa considerada de culto dentro do panorama independente do noso país. A súa enerxía e son profundamente sofisticado foxe do evidente e constrúe en cada produción e directo un ambiente de maxia e rock con descoidos cara a unha psicodelia pulcra e altamente adictiva.
Como a música de Cupido. A banda formada polo barcelonés Pimp Fraco e os canarios Luichi Boy, Toni D, Ao e Dannel, volve ao rodo tras unha longa tempada de descanso. Un tempo que lles serviu para coller forzas e reformular a súa carreira a partir da mesma obsesión coa que irromperon na escena do pop independente hai un par de anos: construír a canción pop perfecta.
O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, volve conxugar a esencia do propio festival marcada polos mellores artistas do panorama indie nacional dando continuidade á programación paralela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade dinamizando e ampliando a actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música en directo, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local. Unha nova edición do FIV que volve destacar nesta 15ª edición a importancia e o protagonismo de Vilalba.
Desde hoxe ás 12.00 horas xa están dispoñibles os abonos a través da páxina web do festival https://fivdevilalba.com