Primeiras confirmacións para o FIV, que xa iniciou a venda de entradas

TerraChaXa
A organización do FIV 2023 fixo público xa as datas da próxima edición do ano 2023, que se manterá entre o 28 e o 30 de abril en Vilalba
primeiras confirmacions fiv 2023 portada
20 Dec 2022

A organización do FIV 2023 fixo público xa as datas da próxima edición do ano 2023, que se manterá entre o 28 e o 30 de abril na capital vilalbesa. E tamén deu a coñecer os primeiros grupos que confirman a súa presenza.

Polo momento, encabeza o cartel La Casa Azul, que transporta ao público a un mundo de fantasía; unha grata experiencia audiovisual que vai máis alá do típico concerto. Todo un espectáculo de luz e cor que se move entre a melancolía e a felicidade máisexplosiva. Un directo adictivo, redondo e irresistible.

Guille Milkyway é un artista efervescente cunha identidade propia e inconfundible. Fusionou numerosos estilos ao longo dos seus discos de estudo, dende o sunshine-pop até o bubblegum, e as súas cancións están repletas de fermosas melodías e arranxos perfectos.

Sidonie tamén estará en Vilalba. Trátase dun conxunto cunha marcada ética do directo, faceta que coidaron e traballaron ao longo das súas duas décadas de andaina. Pop brillante e inmediato, secuencias electrónicas, rock pesado, psicodelia, letras surrealistas e até unha habanera. Sidonie fan do cambio constante unha virtude, convertíndose así nun dos grupos más estimulantes a seguir.

Engádese Delaporte, un dúo hispano-italiano afincado en Madrid. Formado por Sandra Delaporte e Sergio Salvi, hoxe en día están considerados unha das mellores bandas de pop electrónico no país.

Carlos Pereiro escribe cancións e tamén as canta en Carlangas. Ás veces, ante milleiros de persoas; e outras veces, cos seus amigos polos bares do seu barrio, no sur de Madrid. Ao compostelán, o único que lle interesa é que bailes, que a xente esté contenta e que non lle vendas a moto. Para él “as etiquetas son para os supermercados” e por iso mezcla rock, electrónica, música disco, hip hop ou cumbia.

E como último grupo confirmado polo momento, Hickeys, que comeza a súa andaina en 2018. O seu son abraza ó máis oscuro post punk e, á vez, ó máis fino rock alternativo. Cun estilo onde reinan a contundencia e a sensibilidade, apostan por fortes instrumentais e letras motivadas pola disconformidade.

ENTRADAS

Ademais, sairán á venda os primeiros abonos a partir das 16.00 horas na web do festival. Así, os abonos máis baratos terán un prezo de 25 euros e se venderán neste primeiro tramo un total de 400. A estes seguirán outros 500 de 30 euros e 800 de 38 euros para finalizar con 3.300 a 45 euros.

Todos estes prezos levarán engadidos os gastos de xestión.

primeiras confirmacions fiv 2023
fiv 2023 venda de entradas
0.16644501686096