Probaranse este mércores as sirenas de alarma na presa da Ribeira das Pontes

TerraChaXa
Ten a dobre función de servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer cal é o seu son aos cidadáns
encoro-As-Pontes
Encoro As Pontes
25 Xuño 2024

Este mércores, 26 de xuño, realizarase unha proba das sirenas da presa da Ribeira a partir das 10.30 horas.

A proba consiste en facer funcionar esta alarma, que no caso de producirse un incidente grave serviría de aviso á poboaoción.

Esta ten a dobre función de servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer cal é o seu son aos cidadáns.

O son desta alarma non afectará á vida cotiá dos veciños.

0.14594006538391