Probaranse este mércores as sirenas de alarma na presa da Ribeira das Pontes
TerraChaXa
Ten a dobre función de servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer cal é o seu son aos cidadáns

Encoro As Pontes
17 Jun 2025
Este mércores, 18 de xuño, realizarase unha proba das sirenas da presa da Ribeira a partir das 11.00 horas.
A proba consiste en facer funcionar esta alarma, que no caso de producirse un incidente grave serviría de aviso á poboación.
Esta ten a dobre función de servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer cal é o seu son aos cidadáns.
O son desta alarma non afectará á vida cotiá dos veciños.