Programa de actividades no MUPAV no Día Internacional dos Museos

TerraChaXa
O Museo de Prehistoria e Arqueolocía de Vilalba (MUPAV) e a Asociación de Amigos do Museo celebran este sábado 19 de maio o Día Internacional dos Museos.
18 Maio 2018

O Museo de Prehistoria e Arqueolocía de Vilalba (MUPAV) e a Asociación de Amigos do Museo celebran este sábado 19 de maio o Día Internacional dos Museos. Este ano o ICOM (Consello Internacional de Museos) céntrase no tema Museos hiperconectados: Enfoques novos, públicos novos. Partindo da premisa de que nun mundo cada vez máis conectado, resulta imposible entender o papel dos museos sen ter en conta todas as conexións que estes establecen. Son parte inherente das súas comunidades locais, da súa paisaxe cultural e da súa contorna natural. A tecnoloxía permite aos museos chegar máis aló do seu público habitual a través de algo tan sinxelo como un hashtag. Algúns museos nin sequera necesitan a tecnoloxía para crear novas conexións; para eles, presentar a súa colección dunha forma diferente e innovadora resulta é suficiente para atraer a un público totalmente novo.

Os actos centraranse no Xacemento Paleolítico de Pena Grande, na súa época e a súa contorna natural, co seguinte programa:

16:30 No MUPAV. Os materiais arqueolóxicos de Pena Grande.

17:30 Escola de Bordelle ( Lugarvello, Santaballa). Ruta Cultural e Natural por Bordelle.

19:00 En Pena Grande. Disertación sobre o Paleolítico superior en Galicia.

19:30 En Pena Grande. Merenda campestre.

20:30 En Pena Grande. Proxección sobre a arte Paleolítico.

0.18586683273315