Programadas festas en Oleiros para a fin de semana
TerraChaXa
A música correrá a cargo de Stereo e Fénix
18 sep 2024
A parroquia vilalbesa de Oleiros estará de festas o 21 e 22 de setembro con motivo da honra a San Mamed e San Ecce-Homo.
O sábado, a xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, seguida da procesión e sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Stereo que tamén será a encargada da verbena que se organizará pola noite.
O domingo, a xornada relixiosa será á mesma hora, seguida dunha sesión vermú co grupo Fénix ao seu cargo, que porá o punto e final ás festas.
A organización lembra que o campo da festa contará con carpa e haberá colchonetas gratis para os máis pequenos.